Os Honor 90 e 90 Pro chegan con grandes prestacións e prezos axustados
martes, 30 de maio do 2023
O fabricante chinés
Honor ten xa novos móbiles insignia á venda no seu mercado, os Honor 90 e Honor
90 Pro, que sen chegar a competir directamente cos móbiles de gama alta do
presente ano procura facerse un oco no mercado grazas a unha moi boa relación
entre prestacións e prezo.
O móbil de referencia serÃa o Honor 90 Pro, dispoñible
a prezos que van dende
os 3.299 iuans (434 euros) para unha configuración con 12 GB de RAM e 256
GB de almacenamento, até os 3.899 iuans (513 euros) con 16 GB de RAM e 512 GB
de almacenamento.
Falamos dun smartphone cun procesador Qualcomm Snapdragon 8+ Gen 1 (o propio
dos móbiles de alta gama da segunda metade de 2022), cunha pantalla OLED Full
HD+ de 6,78 polgadas e unha velocidade de refresco de 120 Hz que agocha un lector
de impresións dixitais, cámara traseira tripla (cun sensor principal de 200
MpÃxeles, un grande angular de 12 MpÃxeles e un teleobxectivo de 32 MpÃxeles), cámara
frontal de 50 MpÃxeles, NFC, e baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 90
watts.
Reducindo lixeiramente as súas prestacións temos o Honor 90, á venda por
2.499 iuans (329 euros) con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, até 2.999
iuans (395 euros) con 16 GB de RAM e 512 GB de almacenamento; que como
principais concesións ten a redución do seu procesador até un modelos Qualcomm
Snapdragon 7 Gen 1 e da súa pantalla até as 6,7 polgadas, a ausencia do
teleobxectivo na cámara (substituÃdo por un sensor de profundidade de 2 MpÃxeles)
e unha velocidade de carga rápida que cae até os 66 watts; aÃnda que cómpre
salientar que estas reducións conseguen que o dispositivo sexa un pouco máis
lixeiro e compacto.