Os Oppo Find X8 e X8 Pro terán distribución internacional
luns, 28 de outubro do 2024
Oppo vén de estrear na China os seus novos móbiles insignia, adiantando que teñen pensado comercializalos globalmente (pois levaban un tempo cun perfil baixo en Europa), polo que en breve poderemos ver estes novos móbiles que destacan polas súas cámaras (desenvolvidas en colaboración con Hasselblad) e pola potencia dos seus procesadores MediaTek Dimensity 9400.
O móbil de referencia serÃa o Oppo Find X8 Pro, cunha pantalla de 6,78 polgadas, baterÃa de 5.910 mAh (con carga rápida de 80 watts por cable e 50 watts sen fÃos) e cámara traseira cuádrupla con sensores de 50 MpÃxeles e dous teleobxectivos (un de 3x e outro de 6x), asà como un botón táctil para facilitar o control da cámara emulando aos últimos iPhone. O seu modelo máis básico, con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento ten un prezo de 5.299 iuans (687 euros), mentres que con 16 GB de RAM e 1 TB de almacenamento mantén o prezo nuns contidos 6.499 iuans (843 euros).
O Oppo Find X8 é unha versión máis económica, que mantén o potente procesador, pero reduce a pantalla a 6,59 polgadas, a baterÃa reduce o seu tamaño até os 5.630 mAh, e a súa cámara perde o teleobxectivo de 6x, concesións que permiten que o seu prezo de partida quede en 4.199 iuans (545 euros) con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento.
Oppo non perdeu a oportunidade para presumir do uso da IA nos seus novos móbiles, aÃnda que principalmente aplican esta tecnoloxÃa para a realización de zoom dixital e aplicar efectos a fotografÃas (eliminar reflexos, borrar obxectos, incrementar a resolución...), incluÃndo tamén un asistente chamado Oppo AI (que non sabemos se rematará saÃndo do mercado chinés).