Os Samsung Galaxy S10e e S10 estrean versión para empresas
mércores, 8 de maio do 2019
Os
smartphones Samsung Galaxy S10e e S10 estrean versión Enterprise Edition pensada especialmente para a empresa e contornos
profesionais que requiren certas especificacións en termos de seguridade,
personalización e soporte técnico.
A nova versión dos smartphones de Samsung permite adaptar os terminais
corporativos a diferentes usos concretos en función das necesidades de cada
organización, de xeito que coa ferramenta Samsung Enterprise Firmware Over the
Air (E-FOTA) os departamentos tecnolóxicos poden dispor dun control total sobre
a versión do sistema operativo, as actualizacións e os parches de seguridade.
Esta personalización tamén conta con Samsung Knox Configure, que fai posible a
configuración de xeito remoto e automático dunha grande cantidade de dispositivos
segundo os requisitos específicos de cada perfil de usuario. Tamén permite
incorporar a marca da empresa nun dispositivo, incluíndo pantallas de inicio
animadas e aplicacións empresariais personalizadas.