Os algoritmos de recoñecemento facial teñen que adaptarse ao uso de máscaras
martes, 28 de xullo do 2020
O Instituto Nacional de TecnoloxÃa e Estándares (NIST dos
EE.UU. realizou un
estudo sobre o uso de algoritmos de recoñecemento facial desenvolvidos antes da
COVID-19 en persoas con máscara, desvelando erros de recoñecemento de entre
o 5 e o 50% (cando sen máscara a taxa de erro é do 0,3%), desvelando detalles
sumamente curiosos como que o recoñecemento funciona peor con máscaras negras
que con máscaras azuis, asà como o feito de que os algoritmos fallan máis canto
máis cubramos o nariz coa máscara.
Actualmente están a traballar en algoritmos de recoñecemento para persoas con
máscara, pero resulta interesante ver como os algoritmos actualmente
dispoñibles fallan, e de que xeito, para tomar decisións en base a esta
información.
Dende NIST fixeron probas con sistemas de recoñecemento un-a-un, que son os que
normalmente se empregan en fronteiras e sistemas de control de pasaportes, onde
os algoritmos teñen que comprobar se a cara dunha persoa coincide coa da súa
documentación, reto que agora é moito máis complexo por mor do uso de máscaras
que cobren a boca e o nariz, o que é unha grande preocupación para as axencias
de seguridade de todo o mundo, e unha boa nova para as entidades que avogan
pola defensa da privacidade.
En calquera caso, espérase que nos vindeiros meses melloren considerablemente
os sistemas de recoñecemento facial centrándose en identificar máis detalles no
contorno dos ollos, o que fará que o uso de máscara deixe de ser un problema
para recoñecer a alguén.
Tenda de máscaras en Amazon
Un signo máis deste cambio de época é que Amazon incluso
está a adaptar a súa tenda para a venda de máscaras, cando menos na súa versión
británica, na que podemos atopar un espazo que facilita a
localización de máscaras en función do seu tipo e do número de unidades á
venda.
Esta tenda especÃfica de Amazon chega agora que enténdese que as máscaras xa
poden atoparse con normalidade no mercado, xa que anteriormente limitaban moitos
destes produtos a centros sanitarios, para evitar o seu desabastecemento.
