Os empresarios de Ferrolterra organizan un seminario gratuÃto sobre novo prosumer dixital
xoves, 8 de febreiro do 2024
O vindeiro xoves 15 de febreiro a Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF) en colaboración con Galicia Business School organiza un seminario en liña de acceso libre centrado na transformación tecnolóxica das empresas: unha transformación necesaria para seren máis competititivas, visÃbeis e eficientes. O seminario desenvolverase baixo o epÃgrafe Os 5 retos da experiencia de usuario de novo prosumer dixital.
Será impartido por Pablo Ferreirós director en Innovación e Desenvolvemento en Brain UX. A cita, programada con formato de clase maxistral, será o dÃa 15 en horario de de 13.00 a 14.00 horas. Celebrarase a través da plataforma de presencialidade dixital de Galicia Business School.
Como se indica no seu epÃgrafe, porá o foco na figura do prosumer dixital, que é un novo tipo de comprador que tamén é consumidor profesional, e que atesoura unha chea de información para as súas decisións de compra (non é un consumidor que se limite a mercar, senón que ademais de adquirir bens, comparte a súa experiencia con outros consumidores e deixa as súas valoracións sobre un produto).
Ao remate da actividade formativa darase a coñecer o programa formativo Xeración Dixital Pemes para pemes e equipos directivos, que comezará a impartirse nas instalacións da AEF a partir do mes de marzo. Trátase dunha formación financiada con Fondos Next Generatión, e impartida por Galicia Business School, destinada ao tecido empresarial de Ferrolterra. O programa, de carácter gratuÃto, busca adestrar tecnoloxicamente a directivos e empresarios de pemes, de entre 10 e 249 traballadores, na comarca de Ferrolterra e a provincia da Coruña. En concreto, o obxectivo é preparalos para os desafÃos da era dixital e potenciar a competitividade das súas empresas.
Para inscribirse no webinar, é necesario contactar coa AEF, 981 333 305, ou info@empresarios-ferrolterra.org ou tamén a través da web de entidade.