Os maiores de Rianxo mergulláronse nas utilidades dos móbiles
xoves, 12 de decembro do 2024
O Concello de Rianxo informou do remate dos obradoiros gratuÃtos de uso de aplicacións móbiles e TIC (TecnoloxÃas da Información e a Comunicación) para persoas maiores de 55 anos organizados pola ConcellerÃa de PolÃtica Social. Nestas actividades formativas gratuÃtas para a veciñanza as persoas participantes aprenderon a navegar con seguridade e confianza por Internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por videoconferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar en liña ou aproveitar o seu tempo de ocio na rede.
A segunda tenente de alcalde e concelleira de PolÃtica Social, Ana Vidal, valorou moi positivamente estes obradoiros no que se cubriron todas as prazas ofertadas en cada unha das parroquias.
As sesión formativas chegaron a todas as parroquias: Rianxo (o 2 e o 3 de outubro), Asados (os dÃas 16 e 17 de outubro), Araño (dÃas 30 e 31 de outubro), Taragoña (dÃas 13 e 14 de novembro), Leiro (os dÃas 27 e 28 de novembro) e Isorna (os dÃas 11 e 12 de decembro).