Nos últimos anos converteuse en tendencia que os podcasts tivesen unha versión en vídeo, sen cruzar a barreira de converterse nun programa de televisión, pero facilitando o consumo dos podcasts de xeito audiovisual, e dende Spotify reaccionaron dun xeito bastante curioso pois, aínda que normalmente os videopodcasts publícanse en YouTube, eles decidiron dar aos creadores a posibilidade de subir o vídeo correspondente aos episodios dos seus podcasts, iniciando esta opción polos usuarios que residan en EE.UU., Canadá, Nova Zelandia, Australia e Reino Unido.
A capacidade de Video Podcast resulta bastante curiosa, xa que permite ver un podcast dentro da aplicación de Spotify, que está principalmente orientada ao son, o que parece perseguir a retención de usuarios, de xeito que un oínte dun podcast xa non ten que ir a YouTube se quere ver os episodios que escoita regularmente.
Esta novidade de Spotify vén da man doutras funcionalidades interesantes, como a posibilidade de incrustar episodios en vídeo, a posibilidade de substituír masivamente os contidos de audio dun podcast polos seus equivalentes en vídeo, a integración con Riverside (unha plataforma de gravación remota de vídeo) e incluso a posibilidade de incorporar elementos interactivos aos podcasts de vídeo (como enquisas ou preguntas e respostas).
Polo momento non deu a coñecer cando estas novas posibilidades estarán dispoñibles para os creadores españois.
Explicación sobre como facer un Video Podcast en Spotify
