Os rechouchíos con comentario melloran a súa visibilidade en Twitter
venres, 22 de maio do 2020
Nas últimas horas a
aplicación para Android e a versión web de Twitter activaron unha nova funcionalidade
que facilita a exploración de moitas conversas que antes podían resultar
invisibles, xa que cando premamos nos rechouchíos dun chío teremos agora dúas
pestanas: unha cos rechouchíos sen comentario e outra cos rechouchíos con
comentario (incluíndo o comentario en cuestión).
Deste xeito non só poderemos ver quen rechouchía un contido, senón tamén o
texto co que o enriquece, e que pode xerar unha conversa de seu, algo ao que os
creadores dun chío antes tiñan dificultades para seguir, e que agora está moito
máis accesible.
Esta funcionalidade leva uns 10 días
presente en iOS, e coa última actualización xeneralízase o seu uso.