Os reprodutores multimedia poden actuar coma pararraios

venres, 13 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Jason Bunch, de Colorado, recibiu o impacto dun raio mentres cortaba o céspede escoitando música

Expertos en medicina están a advertir do perigo do uso de iPods durante tormentas, pois xa se veñen detectando casos de persoas feridas por lóstregos, coma un canadense que mentres estaba a correr escoitando música foi sacudido por un raio que lle produciu queimaduras, lesionou os seus tímpanos e rompeulle a mandíbula ó atravesar os cables do seu reprodutor de música, mentres que un rapaz en Colorado tamén sufriu danos semellantes mentres cortaba a herba.
Segundo parece, os auriculares dos reprodutores coma o iPod, xunto co propio reprodutor, actúan coma unha antena, polo que poden atraer lóstregos dun xeito moi perigoso para os seus usuarios, de aí que sexa recomendable tomar precaucións e limitar o seu uso ó aire libre durante tormentas con carga eléctrica.

PUBLICIDADE