Os sistemas de GPS tamén poden ser atacados por hackers
mércores, 8 de agosto do 2007
Segundo o artigo publicado polo portal de
novas Noticiascot.com,
os sistemas de navegación por satélite GPS tamén poderían ser atacados por hackers, enviando estes información
falsa aos transportistas poderían desvialos das súas rutas, para logo roubar as
mercancías de valor. Se ben aínda non chegaron a darse casos como o descrito,
dous expertos en informática, Andrea Barisani e Daniele Bianco, do sitio Inverse Path.com, amosaron o xoves
pasado (nunha conferencia sobre seguridade informática celebrada en Las Vegas)
que os ataques deste tipo son posibles, dando incluso exemplos prácticos do
procedemento, para o que non fai falta máis que “aparellos electrónicos comúns”.
A ferramenta inventada polos informáticos
italianos pode “olfactear” a información requirida polos condutores e
substituíla por falsas indicacións, facendo que os condutores muden o seu
percorrido por outro, obxectivo que facilitaría operacións de secuestros ou
roubo de mercancías.
Concretamente, o “experimento” funcionaría so
cos trebellos de SatNav, que, segundo o artigo, xa son os navegadores “estándar” en Europa, mentres que a
devandita marca está a gañar popularidade nos Estados Unidos e até en
Australia.
“Se nos podemos facelo, calquera pode“
Con esas palabras deixou claro Barisani que o sistema é moito máis vulnerable do que a xente pensa, e explicou que os GPS, malia teren almacenados unha serie de mapas, usan sinais de Frecuencia Modulada (FM) para as actualizacións sobre posibles accidentes, cortes de ruta ou atascos. Deste xeito, a ruta podería ser modificada co envío de datos falsos sobre estas continxencias. Sobre esta cuestión o experto italiano dixo que “se pode minar toda la autoestrada co envío de alertas de bombas, accidentes aéreos e incidentes terroristas sen fin: a terceira guerra mundial podería chegar á autoestrada”.