Fóra de China os smartphones de Huawei están a vivir uns tempos complexos, con moitas incógnitas para os consumidores, e mentres os móbiles lanzados tras o veto dos EE.UU. chegan sen os servizos de Google preinstalados, había certa tranquilidade cos anteriores, e aínda que Huawei comprométese a actualizar os seus dispositivos, a pasada semana remataron as últimas prórrogas establecidas por EE.UU. para certas operacións de empresas estadounidenses con Huawei, o que podería significar o remate das actualizacións de software para millóns de smartphones.
Dado que agora está totalmente prohibida a exportación de tecnoloxía estadounidense a Huawei, suponse que Google non conta con autorización para enviar as actualizacións de software para os móbiles de Huawei pese a ter licenzas de Android totalmente válidas (previas ao veto aprobado en maio de 2019). De feito, dende Google aseguraban hai meses que continuarían a achegar actualizacións e parches de seguridade a Huawei «mentres estea permitido», e semella que a situación actual prohibiría totalmente as relacións entre Google e Huawei.
Os vellos móbiles de Huawei poderían ter quedado sen actualizacións de Google
Compartir Este Artigo
