Os vÃdeos do iPod póndese ver no televisor e controlar mediante un mando a distancia
xoves, 7 de decembro do 2006
A reprodución de vÃdeo no iPod é unha prestación relativamente nova, que cinguida á pequena pantalla do dispositivo de Apple non é o mellor xeito de ver clips de vÃdeo, polo que xa hai tempo que existen adaptadores para poder ver os contidos do iPod nun televisor.
Un simple conversor que dote ó iPod dunha saÃda de vÃdeo é algo relativamente sinxelo pero insuficiente para a meirande parte de usuarios, xa que
o normal é estar afastado do televisor, polo que achegarse ó reprodutor cada vez que se quere navegar polos menús ou parar un vÃdeo resulta moi incómodo, de aà que DLO elaborase o seu HomeDock Pro, que é un dispositivo no que se coloca o iPod para levar os seus contidos ó televisor e manexar á vez o reprodutor mediante un completo mando a distancia.
AÃnda non se coñece o prezo do DLO HomeDock Pro, pero o feito de que permite empregar a reprodución de vÃdeo do iPod dende o sofá do salón da casa mentres se ven as pelÃculas nunha pantalla de grande tamaño é algo que moitos estaban a agardar (aÃnda que a calidade dos vÃdeos para o iPod poden decepcionar a máis dun cinéfilo, xa que están adaptados a unha pequena resolución, xa que o normal é a súa visualización nunha pantalla de 2,5 polgadas).