Os xornais en papel electrónico poderÃan chegar en 2008
luns, 13 de novembro do 2006
A tecnoloxÃa coñecida coma papel electrónico, consistente nun soporte flexible e de baixo consumo que permite amosar información coma se dun papel ordinario se tratase, pero podendo actualizar os seus contidos, está a dar lugar a moitos prototipos prometedores que poderÃan converter en realidade a impresión sen papel en pouco tempo, baseando a distribución dos contidos nunha mera descarga de datos, o que poderÃa revolucionar o mundo literario e da prensa.
AÃnda que tal cambio parece estar moi afastado no tempo, Herman Hauser, co-fundador de Amadeus Capital Partners, afirmou a Silicom.com que os retos técnicos do papel electrónico xa están superados, de xeito que agarda que en 2008 xa poidan existir pantallas de papel electrónico flexible en produción, que poderÃan marcar un antes e un despois nos hábitos de consumo de contidos xornalÃsticos e literarios.
