Ozona Tech presenta Overa Activity, a súa plataforma de análise intelixente do posto de traballo
martes, 5 de outubro do 2021
Ozona
Tech, tecnolóxica con sede en Santiago, presentou unha nova e
revolucionaria solución desenvolvida polo seu equipo de innovación:
unha plataforma con tecnoloxía de Intelixencia Artificial e
Aprendizaxe Máquina (Machine Learning) con importantes
funcionalidades de uso para a análise do posto de traballo. Trátase
de Overa Activity e, entre outras cousas, permite medir a interacción
do usuario cos dispositivos do seu espazo profesional,
proporcionando información obxectiva sobre a intensidade de uso
destes traballos e detectando eivas de eficiencia.
Desenvolvida
polo equipo de I+D da firma de orixe galega Ozona Tech, está
especialmente indicada para as áreas de Recursos Humanos, IT e
negocio. “O noso obxectivo”, explica a empresa, “é axudar ás
compañías a mellorar de forma obxectiva a produtividade e a
eficiencia ante o aumento do teletraballo e a transformación
dixital. Esa procura da produtividade fai necesario o uso de
ferramentas para a observación, rexistro e análise da actividade
dos equipos nos dispositivos corporativos, sendo garantía para
empresa e usuario”.
Segundo
explica Ramón Ares, director xeral de Ozona Tech, trátase dunha
solución multiplataforma e multidispositivo, que ofrece datos
obxectivos de uso de dispositivos e aplicacións en dispositivos
corporativos, cun tempo de implantación habitual de días ou semanas
en función da complexidade do proxecto.
No
caso de Recursos Humanos, os departamentos de xestión de persoal
poden coñecer o nivel de desconexión dixital; os patróns e
intensidade de uso de ferramentas para saber cales son as máis
efectivas dentro da empresa; ou necesidades de formación.
En
canto aos departamentos de IT, Overa Activity achega visualización
de patróns de conectividade; analíticas do rendemento de
dispositivos ou procesos; diagramas de explotación de dispositivos;
ou detección de aplicacións perigosas ou patróns de uso de risco.
Finalmente,
para as áreas de negocio, a solución desenvolvida por Ozona Tech
permite realizar benchmarking das principais métricas de
desempeño ou e establecer comparativas por sector, departamento ou
dimensión, entre outras variábeis.