Pagan 3 millóns de dólares por unha copia precintada de Super Mario Bros.
luns, 15 de xuño do 2026
Cada certo tempo chama a atención algunha poxa relativa a videoxogos clásicos polos que chegan a pagarse cantidades estratosféricas, e nesta ocasión Heritage Auctions é a casa de poxas encargada da operación de venda dunha copia precintada do Super Mario Bros. de NES cunha cualificación de conservación PSA 9.6 A++, ou sexa, «o mellor exemplar coñecido».
Pese a que estamos ante unha unidade da segunda produción do xogo (ou sexa, que serÃa de 1986 e non de 1985, cando se lanzou o xogo), dado que non se conserva ningunha unidade precintada da primeira produción, estamos ante unha unidade extremadamente rara e cobizada polos coleccionistas.
O xogo inclúe unha consola NES Control Deck completa e en uso, conformando un lote que finalmente acadou un prezo de venda de 3 millóns de dólares, o que significarÃa que realmente o xogo non está valorado en tal cantidade, xa que a consola incluÃda co mesmo tamén ten un valor elevado.
Cómpre salientar que os prezos acadados por este tipo de poxas están a dispararse nos últimos anos a niveis que levan a desconfiar de operacións de manipulación do mercado dos videoxogos retro.
Como exemplo das dificultades de establecer prezos neste ámbito temos como nos últimos meses tamén emerxeu unha copia graduada de Mike Tyson’s Punch Out cun nivel de conservación de 9.2 pola que agora piden 117.000 dólares, o que non parece moi razoable, se temos en conta que é posible realizar ofertas por unha copia cunha valoración de 9.6 por 18.750 dólares.
