Patrimoniogalego.net supera os 200 bens inventariados en apenas 100 días
xoves, 25 de agosto do 2011
O
balance dos tres primeiros meses en funcionamento de patrimoniogalego.net non
podería ser máis positivo, pois en apenas cen días, o
novo catálogo social dos bens culturais galegos converteuse no maior inventario
on line do noso patrimonio. Xa hai catalogados máis de douscentos
elementos patrimoniais, unha cifra que se incrementa día tras día en virtude da
colaboración desinteresada dun cada vez máis nutrido número de catalogadores.
Esta plataforma soportada por WordPress, funciona dun xeito semellante ao da
Wikipedia, de xeito que calquera persoa pode participar no catálogo
inventariando aqueles bens culturais que coñeza, para o que só ten que rexistrase
como catalogador o inventario e animarse a fotografar os elementos que desexe e
introducir datos dos mesmos para enriquecer este Sistema de Información
Xeográfica (SIX) que actualmente recolle información referente a bens culturais
inmobles (castros, dolmens, petróglifos, cruceiros, fontes, hórreos, pallozas,
pazos...).
Unha vez inventariados os elementos, calquera outro catalogador pode ampliar os
datos, engadindo nos comentarios unha descrición máis detallada ou observacións
sobre o seu estado de conservación.
As fichas serán revisadas polo equipo de editores de patrimoniogalego.net co
fin de corrixir posibles erros na catalogación dos bens culturais e completar a
información cos datos necesarios.
A
finalidade última deste catálogo social é a de axudar a conservar o patrimonio
galego, causa que suma cada dia máis adhesións, e tras nacer a iniciativa de
Manuel Gago, xa conta co apoio de Xurxo Salgado
e Félix Aragunde (Gabinete de Comunicación), Xosé Gago, Adela Oyonarte, Franjo
Padín e Carmela Sánchez Arines (Editores) eE Milagros Bará, Álex Bragaña e
Soledad Felloza (Produción).