PéZcalo estrea tenda en Facebook
xoves, 10 de marzo do 2011
Hai poucas
semanas comentamos que os galegos Javier Sousa e Iván Fociños estaban a desenvolver unha
tenda en liña de artigos de pesca deportiva chamada PéZcalo, que busca
converterse no referente do mercado e que, aparte de contar cun amplo catálogo,
terá vocación social, o que veñen de
deixar ben claro ao estrear a PeZshop, a tenda
en liña de PéZcalo en Facebook, de xeito que o servizo fundado por Mark
Zuckerberg será o primeiro escaparate desta iniciativa.
Esta tenda integrada en Facebook chega antes da apertura oficial de PéZcalo na
web, o que supón un interesante adianto que serve para que os futuros clientes
poidan comezar a probar o servizo e a adquirir produtos a través desta
iniciativa de social shopping que
presume de ser a primeira tenda española de pesca deportiva en Facebook.
Mentres PéZcalo non abre totalmente as súas portas na Rede continúa a ser
posible subscribirse
á súa newsletter para poder ter
os gastos de envÃo de balde co primeiro pedido na súa tenda e tamén é posible
facer un seguimento do proxecto a
través dun blog aberto para tal fin.

- Iván Fociños e Javier Sousa, fundadores de PéZcalo
