Pebble botará o peche o 1 de novembro
martes, 24 de outubro do 2023
Converterse nunha
alternativa real a X/Twitter non é doado, como ben saben dende Mastodon,
servizo en activo dende 2016 que pese a conseguir moita visibilidade tras a compra
de Twitter por parte de Elon Musk, e agora é cando o aprenden polas malas
servizos que naceron claramente para captar aos usuarios de Twitter
desencantados co rumbo da plataforma, como é o caso de Pebble, que nacera co nome
de T2 (dando a entender que era como unha secuela de Twitter, e, de feito, 2 dos
seus fundadores traballaran en Twitter), e que pese a ter bastante visibilidade
nos EE.UU. non conseguiu o pulo para poder sobrevivir a longo prazo.
O director xeral da compañía, Gabor
Cselle, anunciou que o 1 de novembro Pebble botará o peche, recoñecendo que
non conseguiron medrar a unha velocidade suficiente para que os investidores mantivesen
o seu apoio ao proxecto. A situación complicouse coa aparición de máis
competidores no mercado (como Post, BlueSky e Threats), facendo aínda máis
complicado chegar a uns obxectivos fixados para que puidese verse Pebble como
unha alternativa real a X/Twitter.
Temos así que Pebble
anuncia o seu peche 5 semanas despois de mudar a súa marca, evidenciando
que nin un cambio de nome pode salvar un modelo de negocio de dubidosa
rendibilidade (lembremos que a propia Twitter caracterizábase por rexistrar
perdas en todos os seus exercicios agás os de 2018 e 2019).