Pluma para o iPhone e o iPod Touch

luns, 3 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Aínda que a principal vantaxe das pantallas táctiles do iPhone e do iPod Touch estea no feito de que se poden manexar directamente cos dedos sen precisar dunha pluma especial, pero os dedos non teñen a mesma precisión que un lapis especial e luxan excesivamente a pantalla coa graxa habitual nos mesmos, polo que xa se vende o Pogo Stylus, que é una pluma máis fina, limpa e precisa que a xema dun dedo, que se vende cun accesorio para suxeitala no lateral do iPhone ou do iPod Touch, e se vende por 24,95 dólares (uns 17,03 euros).
O destacable desta pluma é que funcione sobre pantallas adaptadas ós dedos, pois as plumas empregadas en móbiles e PDA non funcionan sobre as pantallas multi-táctiles de Apple.

PUBLICIDADE