PolÃtica LingüÃstica e Xuventude convocan a 13ª edición do certame Lingua de namorar
luns, 26 de febreiro do 2024
Dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade, nas súas relacións persoais coma en Internet, é o obxectivo que persegue a Xunta de Galicia, a través da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica (ConsellerÃa de Cultura e Educación) e a Dirección Xeral de Xuventude (ConsellerÃa de PolÃtica Social e Xuventude), ao convocar a décimo terceira edición do seu certame Lingua de namorar.
Máis polo miúdo, trátase dun concurso en liña de mensaxes de amor en galego dividido en tres categorÃas: dúas delas para a web (A e B) e unha exclusiva para Instagram (C). As mensaxes presentadas en todas as modalidades poderán enviarse ata o 1 de abril e deberán estar escritas en lingua galega, en prosa ou en verso.
Nas categorÃas A e B particÃpase a través da páxina do concurso mediante un formulario de inscrición. A primeira delas é para a rapazada de 14 a 19 anos, mentres que a segunda abrangue o tramo de idade dos 20 aos 35. As mensaxes que participen nestas dúas categorÃas non deberán superar os 350 caracteres e serán publicadas na páxina do concurso, identificadas polo tÃtulo e o número que se lles asigne. As declaracións de amor gañadoras serán as únicas que, posteriormente, se identifiquen co nome e apelidos dos ou das autores/-as.
En canto á categorÃa C, exclusiva para Instagram, está aberta a toda a mocidade dos 14 aos 35 anos, que poderá participar directamente na imaxe habilitada para o concurso no perfil @xuventudedegalicia. Neste texto indicarase, en primeiro lugar, un cancelo que recolla o tÃtulo e, a seguir, a mensaxe de amor. Ao final da dita publicación engadirase tamén o cancelo #LinguaDeNamorar. Amais diso, as persoas participantes deberán etiquetar dúas amizades de Instagram e seguir as contas @linguagalega e @xuventudedegalicia. Nesta modalidade as mensaxes non poderán exceder os 200 caracteres.
No caso das categorÃas A e B haberá dúas fases de selección. Na primeira delas, do 2 ao 7 de abril, as persoas que o desexen poderán votar polas súas mensaxes favoritas na páxina do concurso, previo rexistro nesta. Despois, o xurado elixirá as propostas gañadoras de entre as 50 máis votadas de cada categorÃa. No caso da categorÃa C, o xurado fará unha preselección de seis mensaxes de entre todas as presentadas e, posteriormente, do 16 ao 21 de abril, o público poderá votar pola súa favorita. Rematado o prazo de votación computaranse os Gústame! que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade un maior número de likes por parte do público.
A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorÃas publicarase o 24 de abril tanto nas páxinas web de Xuventude e no Portal da Lingua Galega como nos perfÃs de Instagram @XuventudeGalicia e @LinguaGalega. No caso da categorÃa C, a persoa autora da mensaxe gañadora poñerase en contacto coa organización antes do 30 de abril para reclamar o premio e facilitar os datos de contacto.
E indo aos premios, establécense tres por cada unha das categorÃas de idade A e B. Os primeiros recibirán un patinete eléctrico, os segundos un altofalante bluetooth JBL e os terceiros uns cascos sen fÃos. Na categorÃa C , haberá unha única persoa gañadora, que recibirá un patinete eléctrico.
Engadir que a data da cerimonia de entrega dos premios publicarase no espazo web especÃfico deste concurso, onde tamén se poderán consultar as bases completas para participar.
