Para o vindeiro luns está previsto o lanzamento dun novo medio de comunicación en liña, PontevedraViva.com, que pretende converterse nun referente informativo no día a día dos habitantes de Pontevedra e comarca, así como das zonas de Umia, O Salnés e O Morrazo.
O novo medio promete un xornalismo serio, obxectivo e plural, ten vocación de inmediatez, proximidade, participación activa da cidadanía e carácter multimedia e aspira a actualizar os seus contidos dende primeira hora da mañá e durante todo o día os 7 días da semana, para achegar aos lectores a información de interese da xornada con actualizacións continuas.
Pontevedra contará cun novo medio dixital o vindeiro 1 de outubro
Compartir Este Artigo
