Pornhub abre unha sección dedicada á realidade virtual
mércores, 23 de marzo do 2016
Aproveitando o pulo actual da realidade virtual, a páxina
web de vÃdeos pornográficos de balde Pornhub decidiu estrear unha canle de vÃdeos
orientados precisamente á súa visualización en cascos de realidade virtual
que van dende a avanzada tecnoloxÃa de Oculus Rift ata o uso dun smartphone
dentro dun cartón de Google, facilitando asà o acceso a estes contidos
estereoscópicos nos que o vÃdeo responde aos movementos da cabeza do usuario e,
aÃnda que anuncian que estamos ante contido de 360 graos, dado a natureza do
material, realmente estamos ante vÃdeos de 180 graos, que buscan normalizarse
como a evolución dos vÃdeos en primeira persoa moi habituais na industria do
vÃdeo para adultos.
AÃnda que os contidos ofrecidos dende Pornhub
son de balde, realmente estamos ante unha selección de vÃdeos promocionais de BaDoinkVR, unha páxina web de vÃdeos
pornográficos para sistemas de realidade virtual que só están accesibles para
subscritores de pagamento, fórmula bastante razoable para un servizo que ten
que producir contidos orixinais para poder adoptar a innovación do vÃdeo
inmersivo.
Temos asà dun claro exemplo de adopción temperá da realidade virtual, que non
se trata de experiencias de realidade virtual puras, senón de aplicacións de
uso das súas ferramentas para conseguir unha experiencia máis inmersiva a
través do vÃdeo en 3D que non conseguiu callar nos últimos anos pese ao empeño
da industria para intentar meter o 3D nos fogares.
VÃdeo promocional da canle de realidade virtual de Pornhub
