Posible roubo de datos da Axencia Tributaria
luns, 2 de decembro do 2024
Nos últimos dÃas deuse a coñecer que o grupo de delincuentes informáticos Trinity aseguraba ter vulnerado a seguridade da Axencia Tributaria (AEAT) conseguindo extraer 560 GB de datos polos que estarÃan a pedir un rescate de 38 millóns de dólares antes do remate do presente ano.
AÃnda que a posibilidade de que se puidesen filtrar datos sensibles dos cidadáns de xeito masivo poida ser preocupante, a Axencia Tributaria negou tal ataque cibernético, asegurando que «téñense revisado todos os sistemas e neste momento están a funcionar os servizos sen ningún problema. Non se detectou ningún indicio de posibles equipos cifrados ou saÃdas de datos», engadindo que realizarán un seguimento do ocorrido.
En calquera caso, si é posible que o ataque do grupo de ransomware Trinity puidese terse realizado, pois son moitos os posibles vectores de ataque (a través dun concello, dunha deputación... ou incluso afectando unicamente a copias de seguridade) e as posibilidades de non terse detectada a filtración de datos (que dado que só se menciona o volume de datos é moi difÃcil saber se realmente serÃa significativa).