Preparan unha réplica funcional do Pip-Boy 3000 de Fallout
xoves, 20 de novembro do 2025
O universo de Fallout está a piques de sumar unha nova xoia para coleccionistas: a primeira réplica totalmente funcional, utilizable e de precisión suprema do Pip-Boy 3000, o icónico dispositivo visto en Fallout 3 e Fallout New Vegas. O produto, creado por The Wand Company e dispoñible en venda anticipada a un prezo de 299,99 euros, está previsto que chegue a mans dos compradores en xuño de 2026.
A compañÃa británica anuncia que esta versión do Pip-Boy foi desenvolvida empregando directamente a xeometrÃa do xogo, co propósito de recrear con fidelidade absoluta cada detalle. O dispositivo presenta unha carcasa frontal de metal fundido cun acabado moi coidado, un corpo fabricado en ABS moldeado por inxección e unha pulseira interior de espuma con memoria que garante comodidade ao levalo no brazo. O equilibrio entre materiais auténticos e manufactura de alta precisión foi unha das prioridades do proxecto.
O Pip-Boy 3000 Replica incorpora unha pantalla IPS totalmente funcional que amosa a práctica totalidade dos contidos presentes nos xogos orixinais e inclúe ademais un reloxo con alarma. Un soporte de sobremesa, mecanizado en aluminio macizo, permite exhibilo como peza de colección ou empregalo como reloxo de mesa ou de noite cando non se leva posto. Por primeira vez, os seguidores da saga poden tamén xogar ao minixogo Atomic Command directamente no propio dispositivo.
O paquete de venda inclúe o Pip-Boy, o soporte metálico, un manual de usuario, un cable USB-C para a carga, unha antena externa para radio FM, unha barra espaciadora que permite adaptar o tamaño da abrazadeira a distintos brazos e unha ferramenta RobCo. A unidade mide 178 x 130 mm e pesa 724 gramos.
Lembremos que a edición para coleccionistas de Fallout 4 xa incluÃa unha réplica dun Pip-Boy, que precisaba dun smartphone para funcionar, mentres que esta nova versión é un produto dirixido a xogadores moi comprometidos cun xogo que vén de estrear unha edición conmemorativa do seu décimo aniversario (que chegará a Switch 2 en 2026), o que xunto ao feito de que Prime Video estree proximamente a segunda tempada da serie televisiva de Fallout, fai que o lanzamento de produtos ao redor desta franquÃa contribúa á súa condición de obra de culto.
VÃdeo no que amosan a réplica operativa dun Pip-Boy
