Presentan a resposta chinesa a Apple Vision Pro
xoves, 21 de agosto do 2025
O fabricante chinés Vivo celebrou hoxe en Dongguan unha cerimonia para celebrar o seu 30 aniversario, encontro que aproveitaron para presentar o seu primeiro visor de realidade mixta (MR), Vivo Vision Discovery Edition, que podemos entender como a meirande aproximación comercial a Apple Vision Pro.
A marca destacou que este é o primeiro dispositivo de MR desenvolvido por un fabricante de smartphones en China, o que sitúa a Vivo como pioneira no mercado ao combinar ambos sectores. O equipo chega tras catro anos de desenvolvemento e aposta por un deseño lixeiro e ergonómico, cun peso de 398 gramos (moi lonxe dos 600-650 gramos do dispositivo de Apple) e un tamaño un 26 % menor ca media da industria. Inclúe diferentes opcións de axuste para garantir comodidade mesmo en usos prolongados.
Vivo Vision Discovery Edition funciona con OriginOS Vision e permite interaccións naturais mediante seguimento ocular de alta precisión, recoñecemento de xestos con 26 graos de liberdade e pantallas Dual Micro-OLED con resolución binocular 8K (3.840 x 3.552 pÃxeles, superando os 3.660 x 3.200 de Vision Pro) e precisión cromática profesional. Incorpora o procesador Qualcomm Snapdragon XR2+ Gen 2, que multiplica por 2,5 o rendemento gráfico e por 8 a capacidade de IA respecto da xeración anterior. Con estas prestacións, o casco busca converterse nunha porta de entrada á vida dixital, tanto en lecer inmersivo e videoxogos como en produtividade, chegando mesmo a simular unha pantalla de cine de 36 metros.
AÃnda que a compañÃa chinesa non deu detalles sobre o prezo de venda que terá este prometedor visor, directivos da compañÃa insinuaron que se venderá a uns 10.000 iuans (1.199 euros), e esta mesma semana comezarán a realizar sesións de demostración do produto nas súas tendas máis importantes na China.
Tendo en conta que un visor Apple Vision Pro custa entre 3.999 e 4.499 euros de base (en función do seu almacenamento), o feito de que un fabricante chinés poida ofrecer un produto que para experiencias audiovisuais inmersivas poida ser incluso superior a un prezo de menos da terceira parte supón unha magnÃfica nova para o mercado da realidade estendida, xa que o coloca nun rumbo que cada vez se aproxima máis a uns prezos asumibles para o público xeral (aÃnda que seguimos a falar dun nicho de mercado moi reducido).
