Presentan as novas guitarras para The Beatles: Rock Band

mércores, 6 de maio do 2009 Marcus Fernández

Que aínda falten 4 meses para o lanzamento do The Beatles: Rock Band non impide que vaian preparando xa a máquina de comercialización do que parece que será un superéxito, pois tendas coma GameStop xa permiten facer reservas do xogo dende a súa páxina web, e agora tamén anuncian 2 novas guitarras para o xogos musicais que están inspiradas na Rickenbacker 325 de John Lennon e na Gertsch Duo Jet de George Harrison, que contan cun acabado que case as fai pasar por réplicas de guitarras reais, aínda que resulta bastante rechamante que o seu prezo de venda sexa de 99,99 dólares (74,41 euros), mentres que a guitarra oficial do Rock Band 2 está á venda por 69,99 dólares (vendéndose en España a guitarra de Rock Band por 49,95 euros).
Estas novas guitarras chegará para Xbox 360, PS3 e Wii, faltando agora o baixo Höfner e a batería Ludwig para completar os instrumentos dos Beatles para consolas de videoxogos.

PUBLICIDADE