Presentan o LG G Pad III 8.0
martes, 31 de maio do 2016
Aínda que o mercado das tabletas parece bastante estancado,
os fabricantes continúan alimentándoo con novos produtos, como o LG G Pad III 8.0,
un produto bastante ordinario, que destaca por contar cunha pantalla IPS de 8
polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles (resolución bastante elevada
para unha tableta tan cativa.
Este novo equipo tería unha configuración modesta, funcionando cun procesador
de oito núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de RAM, e2 GB de almacenamento interno
(ampliable mediante microSD), cámaras de 8 e 5 Mpíxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth
4.1, batería de 4.800 mAh e sistema operativo Android 6.0.
Esta tableta de 7,9 milímetros de grosor e 309 gramos de peso terá un prezo de
330.000 wons (249 euros) para a súa versión con Wi-Fi, quedando por verse o
prezo que terá o modelo con conectividade LTE, á venda a través de operadores
de telecomunicacións.
Estamos aí ante unha tableta bastante corrente, que non ten grandes
características que o fagan un produto único, pero que confía igualmente en ter
unha boa aceptación comercial.