Presenza TIC nas vinte empresas excelentes dos indicadores Ardán
venres, 22 de novembro do 2019
O
Consorcio
da Zona Franca de Vigo distinguiu onte o espírito innovador, a
excelencia e as contribucións económicas e sociais de vinte
empresas da nosa terra. Todas elas foron incluídas entre as
1.900 firmas galegas que recibiron este ano algún dos indicadores
dos nove que outorga o servizo de información empresarial do
Consorcio, o servizo Ardán. As vinte que recolleron onte cadanseus
galardóns, entre as que se atopaban varias empresas TIC (Aldaba,
Marine Instruments,
MestreLab ou Tarlogic)
obtiveron entre catro e cinco dos devanditos indicadores. No acto
participaron unhas 300 persoas dos eidos empresarial e institucional.
Tamén
participou o delegado do Estado, David Regades, quen salientou que
“as empresas con indicadores Ardán destacan polas súas
competencias diferenciais que as fan máis dinámicas, con alta
capacidade de resposta e adaptación ás esixencias do mercado”.
Amais, dixo, incrementan a competitividade global de Galicia, atraen
e reteñen talento e investimento, e xeran emprego e riqueza.
Regades, quen precedeu na súa intervención á conferenciante Elsa
Punset, tamén apuntou que a composición dos persoais destas
“empresas excelentes” é máis equilibrada cá media galega en
cuestión de xénero, “xa que o 49% dos seus persoais está formada
por mulleres”.
Pola
súa banda, a comunicadora e escritora, Elsa Punset, falou sobre a
importancia da intelixencia emocional en todos os aspectos da vida,
incluída a xestión empresarial. Como ferramenta para o cambio
positivo Punset dixo que “temos un gran aliado para aproveitar as
oportunidades que nos brinda esta revolución tecnolóxica, a nosa
mente”. O acto rematou cunha intervención o alcalde e presidente
do Consorcio, Abel Caballero, e a entrega dos diplomas acreditativos
aos xestores destas 20 empresas, que foron as seguintes:
·
Akwel Vigo Spain (cinco indicadores: Xeradora de Riqueza/Ben
Xestionada/Empresa Global/Empresa Innovadora/Empresa Igual en
Xénero).
·
Aldaba Servizos Profesonais (catro indicadores: Alto
Rendemento/Xeradora de Riqueza/Ben Xestionada/Empresa Innovadora)
·
Alibos Galicia (cinco indicadores: Xeradora de Riqueza/Alta
Produtividade/Ben Xestionada/Empresa Global/Empresa Innovadora)
·
Carpintería Metálica ALUMAN (catro indicadores: Gacela/Empresa
Global/Empresa Innovadora/Empresa Circular)
·
Comunidade Campus (catro indicadores: Gacela/Alto Rendemento/Xeradora
de Riqueza/Ben Xestionada)
·
Construcións Cresbo Barros (catro indicadores: Gacela/Xeradora de
Riqueza/Alta Produtividade/Ben Xestionada)
·
FITOGA (catro indicadores: Gacela/Alto Rendemento/Alta
Produtividade/Ben Xestionada)
·
Kinarca (cinco indicadores: Xeradora de Riqueza/Alta
Produtividade/Ben Xestionada/Empresa Global/Empresa Innovadora)
·
Maramar Seafood 2006 (catro indicadores: Gacela/Alto Rendemento/Alta
Produtividade/Ben Xestionada)
·
Marine Instruments (catro indicadores: Alto Rendemento/Ben
Xestionada/Empresa Global/Empresa Innovadora)
·
MestreLab Research (catro indicadores: Xeradora de Riqueza/Alta
Produtividade/Empresa Global/Empresa Innovadora)
·
Metalyeso (catro indicadores: Gacela/Alto Rendemento/Xeradora de
Riqueza/Ben Xestionada)
·
NODOSA (catro indicadores: Gacela/Empresa Global/Empresa
Innovadora/Empresa Circular)
·
Nuriclima Galicia (catro indicadores: Alto Rendemento/Xeradora de
Riqueza/Alta Produtividade/Ben Xestionada)
·
Otamar, Estación de Servizos (catro indicadores: Alto
Rendemento/Xeradora de Riqueza/Alta Produtividade/Empresa Innovadora)
·
Placas Norte (cinco: Gacela/Alto Rendemento/Xeradora de Riqueza/Alta
Produtividade/Ben Xestionada)
·
Rodamientos Vigo (catro: Xeradora de Riqueza/Alta
Produtividade/Empresa Global/Empresa Innovadora)
·
Rodicut Industry (catro: Alto Rendemento/Xeradora de Riqueza/Ben
Xestionada/Empresa Global)
·
Sistemas de Almacenaxe de Galicia (catro: Alto Rendemento/Xeradora de
Riqueza/Alta Produtividade/Ben Xestionada)
·
Tarlogic Security (catro: Gacela/Alto Rendemento/Ben
Xestionada/Empresa Innovadora)