Prevén unha sanción de 486 millóns de euros a Booking por prácticas anticompetitivas

venres, 23 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

En 2022 a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia iniciou un expediente sancionador contra a plataforma en liña Booking por posibles prácticas anticompetitivas que afectarían a hoteis e axencias de viaxes en liña, e agora sábese que está previsto que no mes de xullo publiquen unha sanción definitiva que sería a meirande na historia da CNMC, pois proponse de xeito preliminar que sexa de 486 millóns de euros.
A CNMC tería notificado a Booking tal proposta de sanción en xaneiro, aínda que a cantidade podería incrementarse, xa que baséase no nivel de facturación da plataforma. Aparte da elevada multa, a CNMC tamén imporá restricións a Booking por algunhas das súas prácticas.
Está previsto que Booking recorra a sanción, polo que a materialización da multa podería adiarse incluso varios anos.