Proxector de vÃdeo para iPod e iPhone
xoves, 25 de xuño do 2009
A empresa nipona Lancerlink
anunciou un proxector LCOS compatible co iPod e o iPhone, de xeito que inclúe
unha base para os dispositivos de Apple, servindo tanto para cargalos como para
proxectar os vÃdeos almacenados no mesmo. Tamén integra altofalantes estéreo.
O iJector
mide 195 x 145 x 96 milÃmetros, pesa 120 gramos e pode proxectar unha imaxe de
50 polgadas a unha distancia de 2,3 metros, cunha resolución de 557 x 234
pÃxeles e un brillo de 20 lumens. A vida da súa lámpada é de 30.000 horas, e
aparte da súa baixa resolución, como principal desvantaxe ten que cando saia á
venda o vindeiro 17 de xullo o
seu prezo será de 64.800 iens (480,11 euros), polo que este produto
desenvolvido en TokÃo terá serios problemas para popularizarse, aÃnda que
poderÃa inspirar a proxectores semellantes no futuro, abrindo unha nova posibilidade para os reprodutores multimedia portátiles.