Qualcomm denuncia a Transsion por infracción de patentes
luns, 15 de xullo do 2024

- Transsion ten marcas de teléfonos móbiles como Tecno
Facendo repaso do mercado de smartphones a nivel mundial podemos ver como actualmente o cuarto fabricante (despois de Samsung, Apple e Xiaomi) a nivel mundial é Transsion, compañÃa que é unha grande descoñecida en España, pero que con marcas como Tecno ou Infinix consegue grandes vendas en paÃses en vÃas de desenvolvemento.
AÃnda que as marcas de Transsion están centradas en móbiles de baixa gama, tamén conta con móbiles bastante avanzados (incluÃndo encartables en formato flip e fold), e agora está baixo o punto de mira de Qualcomm, marca pouco afeita a pleitear, polo que sorprende que presentase unha denuncia contra Transsion (que normalmente monta procesadores MediaTek e Unisoc) por infracción de patentes nun tribunal de Nova Deli.
Qualcomm acusa a Transsion de vulnerar catro patentes relativas a tecnoloxÃas móbiles, sendo a primeira vez que un dos grandes titulares de patentes do sector actúa contra Transsion, o que poderÃa rematar coa compañÃa emerxente tendo que pagar royalties a Qualcomm. Phillips e Nokia tamén estarÃan a presionar a Transsion para facerlle pagar polo uso doutras tecnoloxÃas móbiles.
