Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Quantis achega unha tarifa de telefonía fixa baseada en satálite sen cota mensual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

Quantis achega unha tarifa de telefonía fixa baseada en satálite sen cota mensual

Redacción
Publicado: 09/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

quantis_web.jpgQuantis, operador español de servizos de telecomunicacións por satélite, ofrece servizos de telefonía fixa a través de satélite en Galicia, cunha completa oferta na que destaca a ausencia de cotas de mantemento de liña e diferentes opcións de tarifa plana tanto a números fixos como móbiles, nacionais e internacionais.
Os servizos de telefonía de Quantis van asociados aos servizos de acceso a Internet vía satélite que, normalmente, se contratan en zonas con mala cobertura terrestre ou móbil. Alejandro Sanmartín, director de Marketing e Operacións de Quantis asegura que o seu obxectivo “é evitar a discriminación no acceso á banda larga e a telefonía fixa daqueles particulares e empresas que se atopan en zonas esquecidas polos operadores tradicionais”.
Segundo Quantis, a ausencia de cota de liña supón un aforro medio de 180 euros ao ano con respecto ás tarifas dos operadores de ADSL.
Os usuarios dos servizos vía satélite de Quantis poden optar por unha tarifa de chamadas ilimitadas a fixos nacionais por 9 euros ao mes; ou ben 1.000 minutos a fixos e móbiles, por 15 euros ao mes; así como por 400 minutos a Europa, Estados Unidos e Canadá por 9 euros ao mes. Tamén considera o pagamento por consumo, coa vantaxe de que non se paga unha cota mensual, o que permite pagar só polas chamadas que se realicen. Aos prezos comentados habería que engadirlle o correspondente IVE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026
primeira_satelite_vodafone-ast.jpg
Telefonía

Deutsche Telekom, Orange, Telefónica e Vodafone poderían aliarse para ofrecer telefonía móbil por satélite

19/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?