R achega unha promo de estudantes de 200 Mbps para o inicio dun curso

martes, 25 de agosto do 2020 S. P.

O inicio do curso escolar tan cheo de incógnitas e ao mesmo tempo tan próximo, pero coa certeza de que unha vez máis docentes e estudantes van ter que pasar moito tempo diante das pantallas dos seus computadores e tabletas, a operadora R vén de sacar unha promoción específica para estudantes directamente encamiñada a afrontar “o peso cada vez maior da formación online fronte á presencial”, explica R, engadindo que “neste novo escenario os nosos fillos e fillas van precisar máis ca nunca a mellor conexión a Internet no seu domicilio”.
Coa devandita promoción, os estudantes terán 200 Mbps para seguir as clases online, acceder ás plataformas docentes, intercambiar apuntamentos e, tamén, “compartir Wi-Fi cando estuden cos colegas”. A promoción, cuxas características poden incrementarse até os 500 Mbps (para o caso de que haxa necesidade de que se conecten varias persoas a través do móbil e o portátil), vén sen permanencia, “xa que sabemos que as cousas están constantemente cambiando e non queres estar atado a nada nestes momentos”, explica a operadora nos detalles desta promoción para o inicio do curso.