R actualiza o software do seu receptor de televisión de alta definición

mércores, 3 de xullo do 2013 Marcus Fernández

O operador galego de cable R estreou hai poucos meses o seu servizo de televisión de alta definición, prometendo que o software do seu novo receptor iría evolucionando paulatinamente incorporando novas funcionalidades e mellorando o seu funcionamento atendendo en boa medida ás demandas do público, e precisamente por iso veñen de renovar o software do descodificador HD que, aparte de corrixir defectos detectados (como mesturar información en español e galego na miniguía de programación), inclúe numerosas melloras e novidades.

JPEG - 169.3 KB
R conta actualmente con 20 canles en alta definición

Entre as melloras do receptor de alta definición de R inclúese a posibilidade de crear avisos de vindeiros pases dun evento dende a miniguía estendida, poder establecer avisos con periodicidade semanal, degradados máis suaves nos fondos do reprodutor de vídeo baixo demanda (VoD), navegación por carátulas no portal VoD de destacados, agrupación en cartafoles nos produtos seriados en rebobina (para poder seguir series e documentais dun xeito máis cómodo), cando un evento estrea dispoñible no rebobina amosarase o texto rebobínao para ter a opción de velo dende o principio con premer o botón de play e no portal VoD hai unha pantalla cos logotipos das canles para facilitar a navegación entre os contidos en rebobina por canles.

Máis contidos en HD

R tamén está a ampliar a súa oferta de contidos en alta definición, de xeito que ás 15 canles actuais engade TNT HD, FOX Crime HD, AXN White HD, Cosmo HD e Viajar HD, facilitando así a posibilidade de ver máis documentais, películas e series de televisión en alta definición.

PUBLICIDADE