R estrea eSIM e incorpora o iPhone Air no seu catálogo de dispositivos
venres, 3 de outubro do 2025
Hai un par de semanas chegaron as tendas os novos iPhone, entre os que destaca o iPhone Air, non só polo seu reducido grosor, senón tamén polo feito de non ter bandexa para tarxetas SIM, xa que o dispositivo funciona con eSIM, tarxeta virtual que non está soportada por todos os operadores, para frustración de moitos consumidores que queren facerse co novo dispositivo.
Pero entre as compañÃas que non son compatibles coas eSIM xa non figura R que, á vez que introduce o novo iPhone Air no seu catálogo de dispositivos (dispoñible por 25 euros/mes durante 48 meses ou 1.219 euros nun pagamento único) anuncia que xa conta con soporte para eSIM, o que non só supón un aforro de espazo nos dispositivos, senón que para moitos usuarios é unha boa solución para poder facer uso da varias liñas nun único dispositivo (lembremos que o iPhone non ten espazo para varias tarxetas SIM, e o xeito de poder gozar de dúas liñas nun mesmo teléfono de Apple era facendo uso da tecnoloxÃa de eSIM).
A listaxe de dispositivos compatibles coa eSIM en R é bastante ampla, incluÃndo dende os smartphones máis populares ata tabletas, pasando por reloxos de Huawei, Xiaomi e Samsung, aÃnda que cómpre indicar que aÃnda non está soportado o Apple Watch (estando prevista a súa compatibilidade en breve). Cómpre lembrar que no caso de dispositivos secundarios como tabletas e reloxos o uso de eSIM é especialmente interesante en combinación co servizo de multiSIM, que permite compartir o novo plan de datos (e de voz) cos dispositivos adicionais.
Os clientes de R que queiran gozar de eSIM poden acudir a calquera tenda de R de Galicia, onde o persoal achegará de balde o código QR que haberá que escanear para poder configurar o perfil da tarxeta SIM virtual.
GuÃa de activación
Para facer máis doada a activación da eSIM, dende R publicaron un vÃdeo explicativo para dispositivos con Android:
Tamén está dispoñible un vÃdeo análogo para iPhone:
