R mellora as tarifas para o fogar e achega segundas liñas móbiles a 3 euros

martes, 22 de marzo do 2022 S. P.

A operadora de orixe galega R vén de anunciar a renovación da súa oferta para o fogar. Fíxoo con mellores tarifas e lanzando segundas liñas móbiles a tres euros. “Queremos reforzar a nosa posición cunha nova oferta converxente integrada por paquetes sinxelos que lles achegan un grande aforro ás familias, incorporando novas e exclusivas vantaxes para novos clientes que queren gozar do mellor”, sinalan dende a empresa, coincidindo con estas novidades.
Respecto dos combos, con este lanzamento a empresa recoñecer querer adaptarse ás diferentes necesidades de cada cliente. Así, as novas altas en R poderán agora elixir entre os seguintes combos:
-Fibra 300 Mbps + tarifa móbil Ilimitada 10 GB por 39 €/mes (promo inicial 12 meses 35 €/mes).
-Fibra 300 Mbps + tarifa móbil Ilimitada 30 GB por 49 €/mes (promo inicial 12 meses 39 €/mes).
-Fibra 300 Mbps + chamadas e GB sen límite + Agile TV (Deco 4K) por 59 €/mes (promo inicial 12 meses 49 €/mes).
-Fibra 1 Gbps + 2 liñas de chamadas e xigas sen límite + Agile TV (Deco 4k)+ Netflix HD por 79 €/mes (promo inicial 12 meses 59 €/mes).
Ademais, para todos os combos ofrécese o aumento da velocidade de internet a 1 GB simétrico polo mesmo prezo durante 3 meses.
Por certo, que os combos Infinitos inclúen tamén o servizo Wifi Mesh. “Con esta tecnoloxía”, explica R, “os usuarios poden ter unha cobertura case total na súa vivenda, e ademais conséguense velocidades moito máis altas en Wi-Fi que con outros dispositivos (PLC, repetidores...), e cun sinal máis estábel”.
No que se refire ás melloras nas tarifas nas liñas móbiles, os clientes poderán elixir entre as seguintes opcións para a súa primeira liña adicional:
-10 ou 30 GB por só 3 € ao mes en combos sen TV
-GB ilimitados tamén por 3 € ao mes en combos con TV
-GB ilimitados a 0 €/mes no combo Infinito Netflix
Todas as tarifas inclúen minutos ilimitados.
Combos Infinitos con Dazn de agasallo 3 meses
Ademais, tanto os clientes de R que xa teñan calquera dos combos infinitos como os novos as clientes que os contraten, poderán gozar do servizo Dazn de agasallo durante 3 meses sen permanencia.
Redúcese a permanencia a tan só 3 meses
R reduciu a permanencia a 3 meses para que os clientes poidan probar nese espazo de tempo as vantaxes das ditas ofertas.
O director de R, Alfredo Ramos, explicou que con esta oferta tan competitiva, o operador galego pretende “dar un novo paso no seu obxectivo de comercializar un produto forte, cunha mellora significativa no prezo final, coidando ao máximo a experiencia de cliente”.

PUBLICIDADE