R sube o prezo das súas tarifas móbiles
martes, 16 de febreiro do 2016
O
operador de cable R continúa a incrementar o prezo das súas tarifas, chegando
agora o cambio aos móbiles, intentando compensar
o cambio de prezos cun incremento do volume de datos no móbil, que continúa
sen contar co longamente prometido 4G, e que algúns rumores apuntan que poderÃa
chegar se finalmente R segue os pasos de Euskaltel, e abandona
a cobertura móbil de Vodafone para apostar por Orange.
As novas tarifas móbiles de R entran en vigor o 1 de marzo, e aplicaranse
automaticamente aos clientes actuais a partires do 20 de marzo, e promocionan o
encarecemento do servizo nas tarifas planas
cun importante incremento do volume de datos por unha suba de prezos bastante
cativa, deixando claro que a R non lle interesa competir cos OMV que gozan de cotas
de entrada moi baixas.
Coas novas tarifas a antiga plana 12 pasarÃa a chamarse plana 12, o que supón
pasar de 1 a 1,5 GB de datos con chamadas ilimitadas aos números do mesmo
contrato e 150 minutos ao resto de fixos e móbiles; a plana 20 pasa a chamarse
plana 22, e por 22 euros/mes dobra os seus datos ata chegar aos 3 GB; a plana
30 pasa a ser plana 32, e por 32 euros/mes tamén dobrarÃa o volume de datos
chegando aos 6 GB (incluÃndo estas dúas últimas tarifas chamadas ilimitadas a
fixos e móbiles); e xorde a tarifa 0 3GB, que por 16 euros/mes contará con 3 GB
de datos e chamadas a 0 céntimos/minuto + establecemento de chamada.
Neste novo escenarios manteñen as súas condicións a tarifa 0 e a tarifa 0 con
1,5 GB; a tarifa plana 40 pasa automaticamente a tarifa plana 32, a antiga tarifa
plana 36 pasa á tarifa plana 32 e a antiga tarifa plana 25 pasa a ser plana 27
(con 4 GB de datos en vez dos 2 GB actuais).
