Razer actualiza as súas webcams Kiyo
xoves, 16 de outubro do 2025
A marca enfocada nos xogadores, Razer, anunciou o lanzamento das cámaras Kiyo V2 e Kiyo V2 X, a nova xeración da súa liña de webcams pensadas para creadores de contido. O modelo principal, a Razer Kiyo V2, aposta por unha calidade profesional en imaxe e vÃdeo con resolución 4K a 30 fotogramas por segundo e optimizacións intelixentes baseadas en IA que simplifican o traballo de streamers, profesionais e creadores audiovisuais.
A cámara incorpora un sensor con tecnoloxÃa STARVIS desenvolvida por Sony, capaz de ofrecer imaxes nÃtidas, cores realistas e tons de pel naturais incluso en condicións de pouca luz. Ademais, é compatible cos formatos de codificación sen perda MJPEG, YUY2 e NV12, o que garante unha fidelidade máxima en procesos de edición e posprodución.
O dispositivo integra as funcións da aplicación Camo Studio, froito da colaboración con Reincubate, o que permite dispor de ferramentas con IA como o autoencadre intelixente, a substitución do fondo e a corrección adaptativa da iluminación, todo desde unha interface sinxela.
A través de Razer Synapse, a Kiyo V2 ofrece un control completo e intuitivo sobre a imaxe. A función One-Click Image Enhancement axusta automaticamente a exposición, o balance de brancos e a redución de ruÃdo, mentres que o sistema de autoencadre emprega paneo, inclinación e zoom automáticos para manter sempre o suxeito enfocado. Ademais, permite aplicar efectos baseados en IA como desenfoque, foco puntual ou substitución de fondo, asà como engadir marcas de auga e elementos de personalización para reforzar a identidade visual en cada emisión.
Entre as súas principais prestacións destacan a gravación 4K a 30 fps con HDR, un gran angular sen distorsión e a posibilidade de configurar de forma precisa parámetros como ISO, velocidade de obturación ou balance de brancos. Pode adquirirse a 169,99 euros.
Xunto co modelo principal, Razer lanza tamén a Kiyo V2 X, unha versión máis económica con resolución 1440p a 60 fotogramas por segundo. Esta cámara ofrece vÃdeo fluÃdo, enfoque automático rápido, micrófono integrado e un deseño plug-and-play con obturador fÃsico de privacidade, pensada para quen busque unha solución de alta calidade sen complicacións técnicas. Contén o seu prezo en 109,99 euros.
VÃdeo promocional da nova cámara Razer Kiyo V2
