Razer sobre ao carro do Thunderbolt 5
mércores, 16 de xullo do 2025
Razer presentou dous novos dispositivos equipados co estándar Thunderbolt 5 para ofrecer unha experiencia máis potente, limpa e versátil, tanto no contorno profesional como no lúdico: o Razer Thunderbolt 5 Dock e o Razer Core X V2.
Razer Thunderbolt 5 Dock
O Razer Thunderbolt 5 Dock é unha base de conexións deseñada para ampliar as capacidades dos ordenadores portátiles e de sobremesa, cun enfoque especial na produtividade e na eficiencia espacial. Grazas á tecnoloxÃa Thunderbolt 5, permite velocidades de transferencia de ata 120 Gb/s, tripla saÃda de vÃdeo en 4K a 120 Hz e compatibilidade con múltiples xeracións de dispositivos, todo a través dun único cable.
Este dock integra tamén ata 8 TB de almacenamento SSD e inclúe funcionalidade Thunderbolt Share, que facilita a transferencia de arquivos e o control de varios equipos cun só conxunto de periféricos, como nun sistema KVM. Conta cunha fonte de alimentación de 250 watts, capaz de ofrecer ata 140 watts a un portátil conectado, e un total de 11 portos para conectar monitores, discos externos, accesorios e dispositivos USB-C ou USB-A, reducindo ao mÃnimo o número de cables sobre a mesa.
O seu prezo de venda parte de 439,99 euros para o modelo de cor metalizada (en cor negra o produto custa 10 euros máis).
Razer Core X V2
Pola súa parte, o Razer Core X V2 é unha caixa externa que leva a potencia dunha tarxeta gráfica de sobremesa a calquera portátil compatible con Thunderbolt 4, Thunderbolt 5 ou USB4. Pensado tanto para xogadores como para creadores de contido que requiren rendemento gráfico avanzado, este sistema permite instalar calquera GPU PCIe de tamaño completo de nVIDIA ou AMD, asà como fontes de alimentación ATX estándar.
A conectividade mediante Thunderbolt 5 duplica a capacidade de banda respecto á xeración anterior, ofrecendo máis fluidez en tarefas intensivas e un rendemento consistente. O chasis metálico ventilado incorpora un ventilador de 120 mm con control automático segundo a carga do sistema, e pode ser axustado manualmente mediante o software Razer Synapse.
Ao igual que o dock, o Core X V2 tamén fornece ata 140 watts de enerxÃa a través do mesmo cable que leva os datos e a gráfica externa, permitindo asà configurar un posto de traballo ou xogo de alto nivel cun só cable e sen renunciar á mobilidade.
O seu prezo de venda será de 389,99 euros (no momento de escribir estas liñas aÃnda non está dispoñible comercialmente).
