Recala en Meis este domingo o monólogo sobre as redes sociais de Leti da Taberna
xoves, 5 de febreiro do 2026
A Deputación de Pontevedra leva este domingo 8 de febreiro o circuÃto +Escénicas ao concello de Meis da man do espectáculo de humor Enredada, a cargo de Leti da Taberna. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.
O monólogo de humor Enredada representarase no Auditorio Municipal de Meis ás 18:00 horas. Nel, Leti da Taberna explorará a relación das persoas coas redes sociais e como estas inflúen no dÃa a dÃa. A propia Leticia Miraz, taberneira "de nacemento" e con formación sociosanitaria, fÃxose popular a raÃz de comezar a publicar contidos en TikTok. O obxectivo deste espectáculo é provocar que os espectadores se vexan reflectidos coas situacións que presenta para que acaben rindo de si mesmos.
Co circuÃto +Escénicas a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril do pasado ano e marzo deste 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.
