Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RedEmprendia xunta en Compostela aos responsables de emprendemento de 21 universidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

RedEmprendia xunta en Compostela aos responsables de emprendemento de 21 universidades

Redacción
Publicado: 15/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Este mércores 15 reúnense na Universidade de Santiago os responsables en materia de transferencia de I+D, innovación e emprendemento de 21 institucións de educación superior de España, Portugal e América Latina asociadas a RedEmprendia. Trátase, máis polo miúdo, dun encontro entre vicerreitores e vicerreitoras das universidades que forman a devandita rede universitaria. A xuntanza desenvólvese a partir das 10.00 horas no Centro de Estudos Avanzados da USC (Finca Vista Alegre), e entre as numerosas cuestións a tratar salienta a presentación do documento estratéxico RedEmprendia Horizonte 2020.
Este documento, sinala a Universidade de Santiago, guiará as accións da rede nos vindeiros cinco anos e marcará os programas e liñas mestras a desenvolver para apoiar o emprendemento universitario innovador e de alto potencial. Na mesma xuntanza, que abre o reitor Juan Viaño, preséntase o informe Educación Superior en Iberoamérica 2015: A transferencia en I+D, a innovación e o emprendemento nas universidades. Pola tarde, o mesmo centro acollerá o seminario O crowdfundig: unha excelente ferramenta para a posta en marcha e financiamento de iniciativas emprendedoras, impartido por Javier Martín, emprendedor e editor de Loogic.com, portal de referencia no ámbito estatal sobre startups.
Sinalar que o encontro deste 15 de abril dará paso á xuntanza semestral do Comité Técnico de RedEmprendia, a desenvolver tamén no Centro de Estudos Avanzados os días 16 e 17, reunindo técnicos en investigación e emprendemento de máis dunha vintena de universidades de España, Portugal, México, Chile, Arxentina, Brasil e Colombia.
RedEmprendia é unha rede universitaria orientada á transferencia de I+D e á posta en marcha de iniciativas de mercado innovadoras, que traballa de modo colaborativo tanto para os seus asociados como para dinamizar o denominado Espazo Iberoamericano do Coñecemento. O seu presidente é o profesor da Universidade de Santiago Senén Barro. A rede conta con Banco Santander e Universia, como socios estratéxicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?