Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rede Aberta dotará de Internet de alta velocidade a 36.556 fogares e empresas da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rede Aberta dotará de Internet de alta velocidade a 36.556 fogares e empresas da Coruña

S. P.
Publicado: 17/10/2022
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rede_aberta_comp9172web.jpgA operadora neutra galega Rede Aberta anunciou este luns 17 de outubro un importante despregue de fibra óptica ata o fogar (tecnoloxía FTTH) na provincia da Coruña, que terá un relevante impacto nunha chea de concellos do rural, que contarán con máis e mellores oportunidades para dixitalizárense, coller impulso económico e produtivo e fixar poboación. Segundo fixo saber a empresa, esta levará a dita tecnoloxía a 36.556 fogares da Coruña, tras a adxudicación do programa Único Banda Larga 2022 do Goberno central (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital).
A medio prazo, a previsión é que ao final de 2024 a cobertura chegue a máis de 155.000 fogares da provincia con conexión de Internet de alta capacidade. “A resolución do Ministerio”, sinalaron fontes da operadora, “suporá un importante pulo para a nosa estratexia de conectar as zonas rurais con infraestruturas dixitais de moi alta capacidade, con velocidades superiores aos 100 Mbps”.
A día de hoxe, a firma ten en marcha un plan de despregadura para chegar a 192.000 fogares en toda Galicia no bienio 2023-2024.
A adxudicación do Plan Único na Coruña suporá un investimento de 26,6 millóns de euros, dos que 13,3 están financiados polo Ministerio de Asuntos Económicos con fondos do Plan de Recuperación para lograr o obxectivo da Axenda Dixital 2026: que o 100% da poboación teña acceso a conexións dixitais superiores aos 100 Mbps.
As actuacións de Rede Aberta despregaranse en “zonas brancas” da provincia coruñesa, ou sexa, as que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación no próximos tres anos.
Presente en medio de cento de municipios rurais
Rede Aberta, que acaba de cumprir os dous anos de actividade no mercado, está xa presente en 49 municipios rurais de Galicia, poñendo en xogo unha infraestrutura de máis de 1.300 quilómetros de cable tendido para dar servizo de fibra óptica neutra e chegando a máis de 100.000 fogares.
Na provincia da Coruña, Rede Aberta iniciou a actividade en 26 municipios, nos que ten previsto ofrecer a conexión a 77.435 fogares. Na actualidade, xa alcanzou o 79% dos obxectivos, con 61.360 fogares con conexión de fibra de moi alta capacidade.
Nalgunhas comarcas, como é o caso de Costa da Morte, concentrou os seus esforzos en municipios como Cabana de Bergantiños, Cee, Corcubión, Laxe, A Laracha, Malpica, Ponteceso e Vimianzo, onde xa foi quen de superar os 18.500 fogares conectados, que representan o 53,7% dos 34.422 previstos en toda a comarca. Nalgúns deles, debido á demanda, superáronse as previsións iniciais, como é o caso de Corcubión, onde se duplicou a cifra de fogares conectados. Rede Aberta explicou que nestes municipios a cobertura de banda larga de moi alta capacidade “non chegaba ao 50% da poboación, o que viña supoñendo unha diminución nos seus dereitos dixitais e nas súas posibilidades de desenvolvemento económico e vital”.
Apoio importante
A adxudicación da despregadura de Único na Coruña supón un “apoio importante aos plans da compañía”, segundo explicou Pere Antentas, director executivo (CEO) de Rede Aberta. Así, apuntou que ten previsto investir 121 millóns ata 2025 para chegar a 400.000 fogares e incrementar os servizos de fibra escura, housing e ethernet VPN para as empresas, sobre todo, aquelas que desenvolven a súa actividade no ámbito rural. Ademais, lembrou que Rede Aberta puxo en marcha o pasado 9 de setembro a tecnoloxía XGS-PON en Chantada (Lugo), que permite a conexión a 10 Gbps, e que se estenderá a outras comarcas nas que desenvolve a súa actividade. “O compromiso de Rede Aberta é erradicar a fenda dixital con fibra de alta capacidade para que todos os cidadáns e empresas de Galicia teñan as mesmas oportunidades e dereitos sen importar o lugar de residencia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?