Redegal e Google organizan en Vigo unha xornada sobre Google Apps

xoves, 3 de maio do 2012 Raquel Noya

O Foro da Sociedade da Información do Círculo de Empresarios de Galicia (Club Financiero de Vigo), en colaboración con NCG e Redegal, están a organizar unha xornada para informar sobre as ferramentas de comunicación e colaboración que ofrece o xigante americano Google, que se celebrará o vindeiro martes, 8 de maio na sede do devandito Círculo de Empresarios en Vigo.
A xornada, que é de carácter público e de balde previa inscrición na web oficial da organización, está promovida por Redegal, reseller autorizado de Google Apps para a zona noroeste, e dará comezo a partir das 17:00 horas.
O relatorio leva por nome, Google Apps. A visión de Google sobre o cloud computing, e contará coa presenza, entre outros, de Antonio Alonso, director comercial de Google Enterprise para España, Italia e Portugal.
O evento vai dirixido a emprendedores, empresarios e responsables da área tecnolóxica das empresas e entidades públicas, que comprobarán de primeira man as vantaxes de Google Apps á hora de simplificar a configuración, minimizar o mantemento e reducir os custes dos sistemas de información e administración das empresas.

PUBLICIDADE