Redmagic prepara un smartphone con refrixeración lÃquida
venres, 17 de outubro do 2025
Hoxe presentouse en China o Redmagic 11 Pro, smartphone que celebrará a súa presentación global o vindeiro 3 de novembro, anticipándose xa que estaremos ante un produto revolucionario, que non só chegará cun potente procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite Gen 5 e unha xenerosa baterÃa de 7.500 mAh con carga rápida por cable e sen fÃos, asà como con carga reversible, senón que tamén presume de ser o primeiro smartphone con refrixeración lÃquida producido en masa a nivel mundial.
A refrixeración Redmagic AquaCore promete establecer un novo estándar co ventilador turbo máis rápido da industria. Entendemos asà que o Redmagic 11 Pro pode ser un dos smartphones máis acaÃdos para longas xornadas de xogo.
En breve coñeceremos en profundidade as posibilidades deste novo móbil para xogadores, que promete ser un dos produtos máis interesantes para o que resta de ano.

- O Redmagic 11 Pro presentouse nas últimas horas en China, aÃnda que tardaremos unhas semanas en velo en Europa
VÃdeo no que explican o sistema de refrixeración lÃquida do Redmagic 11 Pro
