Regades clausurou a 22 edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, no que participaron medio cento de empresas e asociacións
luns, 14 de marzo do 2022

- David Regades coa coordinadora xeral do Foro Tecnolóxico de Emprego, Ivana Ogando, e outro dos membros da organización, Álvaro Vázquez
O
delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David
Regades, clausurou o pasado venres 11 de marzo o Foro Tecnolóxico de
Emprego da Universidade de Vigo, que organiza o alumnado das escolas
de enxeñarías de Minas e Enerxía, Industriais e Telecomunicación.
Esta edición, que recuperou a presencialidade, contou con medio
centenar de empresas, co obxectivo de facilitar ao alumnado un
achegamento ao mundo laboral.
David
Regades, que visitou as casetas, felicitou ás persoas organizadoras
e animounas a “continuar cunha iniciativa con moito talento”, na
que Zona Franca participa este ano por primeira vez. Dixo ao alumnado
que "tedes moito que dicir no futuro, no que a tecnoloxía será
clave e a aprendizaxe continua".
Medio
cento de empresas e asociacións
A
22ª edición do foro abriu as súas portas coa participación de
preto de medio cento de empresas e asociacións e cunha combinación
dos formatos presencial e virtual. Ata o venres 11 as escolas de
Enxeñaría de Minas e Enerxía, Industrial e Telecomunicación
acolleron os postos das empresas e asociacións participantes, así
como as conferencias e obradoiros previstos nunha edición, na que, á
organización liderada por unha vintena de estudantes das tres
escolas de enxeñaría do campus de Vigo, sumáronse por vez primeira
delegacións de alumnado das escolas de enxeñaría Aeronáutica e do
Espazo e Informática, de Ourense, e Enxeñaría Forestal, de
Pontevedra.
Co
obxectivo de “facilitar o achegamento laboral dos futuros titulados
e tituladas do ámbito das enxeñarías ás empresas e asociacións
do sector”, no Foro Tecnolóxico repitiron este ano presenza firmas
como Deloitte, Cortizo, Borgwarner, Repsol, Norvento Enerxía, PWC,
Grupo Nueva Pescanova, ao tempo que se incorporaron outras novas como
a empresa holandesa T Talent, Huawei, Teltek, EFIMOB, DataSpartan,
así como AtlantTIC, o Centro de Investigación en Teconoloxías de
Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Tanto
ás empresas, como ao alumnado organizador do evento agradeceu a súa
presenza e traballo o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, que no acto de
inauguración do Foro reivindicou a participación da Universidade de
Vigo nunha sociedade mellor, na que cómpre enfrontar retos como o
demográfico, a reindustrialización e a igualdade. “A UVigo ten
moito que dicir porque a formación dos nosos egresados é moi boa,
segundo os empregadores”, sinalou Reigosa, que destacou o traballo
da institución por acadar a igualdade real, unha meta que lle pediu
ás tituladas e titulados que o adopten como un ideal. O reitor
incidiu na súa intervención na importancia que os fondos Next
Generation terán para o futuro de Galicia, ao tempo que reivindicou
a importancia da colaboración público-privada, a
reindustrialización e a formación, incluída a que se imparte a
través da Escola Aberta de Formación Permanente da UVigo cunha
oferta de cursos de diferente duración, dependendo das necesidades
da sociedade.
