Reprodutor multimedia con soporte de ficheiros FLV
xoves, 26 de xullo do 2007
O reprodutor multimedia OPPO Blast permite
reproducir ficheiros de tarxetas microSD, e reproduce vÃdeos na súa pantalla TFT
de 2,4 polgadas, soportando ficheiros en distintos formatos (MP3, WMA, MP4,
AVI, XVID e FLAC) pero que destaca porque incorpora o soporte
de ficheiros de vÃdeo FLV, ou sexa, vÃdeos optimizados para a súa
visualización na Internet que se fixeron populares grazas a YouTube.
Deste xeito, os usuarios poden valerse de distintas aplicacións para descargar
directamente os vÃdeos de YouTube e poder reproducilos no seu reprodutor
multimedia sen precisar convertelos a outros formatos soportados, o que poderÃa
ser unha función que comezase a incorporarse no resto de PMP de fabricación
chinesa.