Reprodutor multimedia de só 10 mm de grosor

venres, 24 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Nestes días chegará ó mercado chinés o reprodutor multimedia portátil MOMO, que pode marcar todo un referente no mercado, xa que só mide 10 mm de grosor, o que facilita enormemente o seu transporte.
O MOMO conta cunha pantalla de 2,4 polgadas con calidade QVGA (320 x 240 píxeles.) e soporta a meirande parte dos formatos actuais, coma son os vídeos en AVI, ASF, MPEG, VOB, WMV, MTV, DAT, MP4 e MPG, a música en MP3 e WMA e as imaxes en JPG, GIF, BMP e PNG.
Véndese cunha cámara dixital de 2 Mpíxeles que permite gravar as fotos nunha tarxeta microSD.
Resulta difícil de crer que se poidan meter tantas cousas nun dispositivo tan cativo.

PUBLICIDADE