Ribadeo gaña o concurso da operadora Adamo para pór en valor a vida rural
venres, 12 de marzo do 2021
A
localidade lucense de Ribadeo vén de recibir o premio de gañador de El
pueblo más amado,
un concurso convocado pola
operadora de telecomunicacións Adamo
o pasado decembro para recordar e destacar as virtudes das formas de
vida que se desenvolven
no mundo rural.
A localidade lucense impúxose
na fase final das votacións nun certame no
que participaron, nas
redes sociais, preto de
1.200 poboacións. Ademais de converterse na poboación
máis amada,
Ribadeo será tamén a mellor conectada a través da sinal de
Internet máis rápida que existe hoxe no mercado (1.000 Mbps). O
premio inclúe que o e os seus veciños de Ribadeo poidan acceder a
paquetes de fibra óptica por tan só 1 euro durante un trimestre,
así como o Concello de Ribadeo terá un ano gratis de conexión a
Internet.
Jesús
Calleja, o popular presentador de televisión e embaixador de Adamo,
visitará a
vila da Mariña de Lugo
e será recibido polo alcalde, Fernando Suárez. Deste xeito, foi
Jesús Calleja o encargado de comunicar a noticia da vitoria aos
ribadenses a través dun vídeo
de felicitación.
O certame acolleu a miles de
veciños de pobos concursantes que participaron de forma
desinteresada co fin de animar ao voto e fomentar o concurso. É o
caso de Juan José Arnoso, un namorado de Ribadeo que destaca “o
carácter acolledor dos ribadenses, así como a súa beleza e
cultura”. Tamén quixo destacar a importancia da fibra óptica como
elemento para “romper a fenda
dixital”.
Deste xeito Ribadeo convértese
en El pueblo más
amado”, nun
certame organizado por Adamo que foi todo un éxito, cun total de
1.163 candidaturas a través das votacións online que concluíron o
pasado 14 de febreiro.