Roubo masivo de datos persoais de clientes de El Corte Inglés
luns, 3 de marzo do 2025
El Corte Inglés está a comunicar aos seus clientes que «recentemente un provedor externo sufriu un acceso non autorizado a datos persoais dos nosos clientes». Aseguran ter identificado e solucionado o incidente, e ter esixido ao provedor a aplicación de medidas adicionais para previr incidentes semellantes no futuro, asà como tamén notificaron o acontecido ás autoridades competentes.
A información á que se accedeu de forma non autorizada consiste en datos identificativos e de contacto, asà como números de tarxetas para compras de El Corte Inglés. Aseguran que tal información non permite a terceiros operar nin realizar pagamentos, asà como tampouco impide que os usuarios poidan seguir a mercar en persoa ou a través das canles dixitais de El Corte Inglés.
A compañÃa tamén lembra que nunca contacta cos clientes para solicitarlles contrasinais, códigos de seguridade ou información de carácter persoal, pois non podemos esquecer que, aÃnda que El Corte Inglés queira quitar ferro á filtración de datos, a información subtraÃda pode facilitar a suplantación de identidade e a realización de calotes de distinto tipo.