SEK e o colexio Julio Verne formarán parte do programa Escolas Innovadoras de Microsoft
mércores, 20 de outubro do 2010
Microsoft, no marco do seu programa Escolas Innovadoras, a través do cal
ofrece asesoramento, mellora e avaliación dos entornos de aprendizaxe para ir “alén das aulas” e e superar os modelos
tradicionais de ensino, vén de seleccionar á Institución Educativa SEK e ao
colexio Julio Verne (do Grupo Sorolla) para converterse “en axentes de cambio da educación a través das tecnoloxías”.
Logo dun riguroso proceso de selección, estes
centros pasan agora a formar parte dunha “selecta”
comunidade á que só pertencen 80 escolas en 46 países de todo o mundo.
Grazas ao programa de Microsoft, estes dous centros
españois traballarán man a man coa compañía tecnolóxica, para levar á práctica
os recursos e ferramentas dunha educación innovadora e converterse así nun
modelo a seguir.
O programa Escolas Innovadoras está baseado na idea de que
os profesores innovadores só poden prosperar cun sólido soporte do sistema, de
xeito que ofrece ás persoas responsables das escolas a oportunidade para
aprender de expertos e colegas en todo o mundo. Así, os colexios poden
converterse en ámbitos de aprendizaxe máis innovadores para os estudantes. A
Institución Educativa SEK e o Colexio Julio Verne demostraron a súa capacidade de aplicación da
tecnoloxía á educación con senllos proxectos innovadores que foron valorados moi positivamente por Microsoft.
